PROBLEMAS : 1) Nun planeta cun radio que é a metade do radio terrestre, a aceleración da gravidade na súa superficie vale 5 ms-2. Calcular: a) A relación entre as masas do planeta e da Terra. b) A altura a que é necesario deixar caer un obxecto no planeta, para que chegue a súa superficie coa mesma velocidade coa que o fai na Terra, cando cae dende unha altura de 100 m. (Na Terra: g =10 ms-2) SOLUCION : a) MT = 8 Mp ; b)hp = 200 m. 2) Sabendo que o planeta Venus tarda 224'7 días en dar unha volta completa arredor do Sol e que a distancia de Neptuno ó Sol é 4501.106 km así como que a Terra invirte 365'256 días en dar unha volta completa arredor do Sol e que a súa distancia a este é 149'5.106 km. Calcular: a) Distancia de Venus ó Sol. b) Duración dunha revolución completa de Neptuno arredor do Sol. SOLUCIÓN : a) RV = 108'138·10^6 km b)TN = 5'21.10^9 s = 165'2 anos 3) Un satélite artificial de 200 kg describ
1) Tres cargas puntuais iguais de 5 m C cada unha están situadas nos vértices dun triángulo equilátero de 1'5 m de lado. ¿Onde debe colocarse unha cuarta carga e cal debe se-lo seu valor para que o sistema formado polas catro cargas estea en equilibrio?. Calcula-lo traballo necesario para levar esa carga Q dende o centro do triángulo ata o centro dun lado. Datos : K= 9.109 Nm2C-2 Solución: a) Q= - 2,83. 10-6 C. b) WFext.AB= - 3'6.10-2J 2) Dúas cargas negativas iguais, de 1 m C, atópanse sobre o eixe de abscisas, separadas unha distancia de 20 cm. A unha distancia de 50 cm sobre a vertical que pasa polo punto medio da liña que as une, abandónase unha carga de 1 m C, de masa 1g, inicialmente en repouso. Determinar : A velocidade que terá ó pasar polo punto medio da liña de unión. O valor do potencial eléctrico en dito punto medio. Datos : K= 9.109 Nm2C-2 Solución: a) v = 17 m/s.. b) Vfinal = - 180000 V CUESTIONS: 3)
Comentarios
Publicar un comentario