PROBLEMAS CAMPO ELÉCTRICO :


1)  Tres cargas puntuais iguais de 5 m C cada unha están situadas nos vértices dun triángulo equilátero de 1'5 m de lado.


  •  ¿Onde debe colocarse unha cuarta carga e cal debe se-lo seu valor para que o sistema formado polas catro cargas estea en equilibrio?.
  •  Calcula-lo traballo necesario para levar esa carga Q dende o centro do triángulo ata o centro dun lado.

Datos : K= 9.109 Nm2C-2

Solución: a)   Q= - 2,83. 10-6 C.  b) WFext.AB= - 3'6.10-2J


2)  Dúas cargas negativas iguais, de 1 m C, atópanse sobre o eixe de abscisas, separadas unha distancia de 20 cm. A unha distancia de 50 cm sobre a vertical que pasa polo punto medio da liña que as une, abandónase unha carga de 1 m C, de masa 1g, inicialmente en repouso. Determinar :

  • A velocidade que terá ó pasar polo punto medio da liña de unión.
  • O valor do potencial eléctrico en dito punto medio.

Datos : K= 9.109 Nm2C-2

Solución: a)   v = 17 m/s..  b) Vfinal = - 180000 V

 CUESTIONS: 

3)¿Que conclusións se poden sacar do feito de que o fluxo neto a través dunha superficie gaussiana sexa cero?,


  • O campo eléctrico é cero en culquera punto da superficie.
  • Non hai cargas eléctricas no interior.
  • A suma alxebraica das cargas (carga neta) no interior é cero.

4) ¿Que gráfica representa correctamente a enerxía potencial eléctrica dunha carga puntual negativa situada nun campo creado por unha carga puntual positiva, cando varía a distancia que as separa?.





5) Determinar-lo período de oscilación na Lúa dun péndulo que na Terra realiza 15 oscilacións en 30 s. Dato: a aceleración da gravidade na Lùa é 1/6 da que hai na Terra



Los problemas y cuestiones de campo gravitatorio están más abajo : (o aquí )




Comentarios

  1. Pedro: profe en el examen pon uno de campo gravitatotio no te comas la cabeza!! no enserio el segundo es dificil eh!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog